O Redmi K20 Pro aproveitará o pulo dos Vingadores

xoves, 4 de xullo do 2019 Marcus Fernández

Aínda que asociarse a grandes franquías parecía cousa de multinacionais de certo peso (lembremos, por exemplo o Samsung Galaxy S6 Edge de Iron Man) en China preparan o lanzamento un Redmi K20 Pro Avengers Limited Edition, ou sexa, unha versión do móbil que en España probablemente responda ao nome de Mi 9T Pro e que contará cunha estética inspirada nos Vingadores (o grande éxito cinematográfico de Marvel Studios).
O Redmi K20 Pro é un smartphone que na súa edición limitada inspirada nos Vingadores inclúe un procesador Snapdragon 855, pantalla AMOLED de 6,39 polgadas, cámara traseira tripla (con sensores de 48, 13 e 8 Mpíxeles e batería de 4.000 mAh, que chama atención por integrar unha cámara en periscopio e pola súa carcasa personalizada co logotipo de Vengadores: Endgame, o último filme da franquía superheroica, e cun deseño que pode lembrar á armadura de Iron Man (aínda que en cor negra). Amais, o terminal chegaría con fondos de escritorio precargados e temas baseados nos Vingadores, polo que estamos ante un produto que podería ter moitos partidarios, especialmente se temos en conta que a liña Redmi resulta bastante económica.
Queda agora por saberse se teremos oficialmente este smartphone en Europa ou haberá que conseguilo de importación, sendo esta segundo opción a máis probable.

O Redmi K20 Pro Avengers Edición é un produto cun deseño coidado

PUBLICIDADE