O Redmi Note 4 de Xiaomi terá un procesador de 10 núcleos
xoves, 25 de agosto do 2016
Esta semana Xiaomi estreou a capa de personalización MIUI 8,
e mañá mesmo porá á venda o primeiro smartphone que a incluirá de serie, o Redmi Note 4, unha revisión dun dos
seus terminais máis vendidos, que actualÃzase renovando lixeiramente o seu
deseño e incrementando a súa potencia, mantendo un prezo moi axustado.
Asà temos o Redmi Note 4 como un smartphone cun procesador Helio X20 (de 10
núcleos a 2,1 GHz) con gráfica Mali T880, pantalla Full HD de 5,5 polgadas con
cristal 2.5D, cámaras de 13 e 5 MpÃxeles con aperturas f/2.0, dobre SIM (podendo
empregarse un dos espazos para unha segunda SIM para ampliar a capacidade
interna de almacenamento do terminal con tarxetas microSD de até 128 GB), Wi-Fi
AC, Bluetooth 4.2, lector de pegadas dixitais na parte traseira, baterÃa de
4.100 mAh, un grosor de 8,35 milÃmetros e un peso de 175 gramos, que chegará
cun modelo básico con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento interno que
venderase a 899 iuans (120 euros) e un modelo máis completo con 3 GB de RAM e
64 GB de almacenamento interno a un prezo de 1.199 iuans (160 euros). Ambos
modelos poderán conseguirse en cor prata, ouro e gris escuro.
- O Redmi Note 4 chega con carcasas en varias cores
- O novo smartphone de Xiaomi continúa a apostar por un sensor de pegadas dixitais na súa parte traseira