O Redmi Note 9S terá potencia para xogar e grande baterÃa
luns, 23 de marzo do 2020
Xiaomi
está a ampliar a súa oferta de móbiles de gama media co Redmi Note 9S, un
dispositivo que aposta pola potencia ao equiparse cun procesador Qualcomm
Snapdragon 720G de 8 núcleos con gráfica Adreno 618, que busca ofrecer unha boa
experiencia en xogos móbiles, ao que tamén contribúe a súa baterÃa de 5.020 mAh
con carga rápida de 18 watts.
Sorprende ver que este teléfono ten unha cámara traseira cuádrupla en
disposición cadrada, atendendo ás novas tendencias, á vez que coloca o seu
lector de pegadas nun lateral (facendo tamén de botón de acendido), configuración
que semella que será bastante frecuente nos móbiles económicos dos vindeiros
meses.
O Redmi Note 9S ten unha
pantalla Full HD+ de 6,67 polgadas que será o primeiro móbil Redmi cunha cámara
frontal de 16 MpÃxeles integrada nun orificio en pantalla. A cámara traseira, pola
súa banda, ten un sensor principal de 48 MpÃxeles, un ultra grande angular de 8
MpÃxeles, un sensor macro de 5 MpÃxeles e un sensor de profundidade de 2
MpÃxeles.
Este smartphone estrearase esta semana en Malaisia, Singapur, Vietnam e
Tailandia cuns prezos ao cambio que serÃan de aproximadamente 218 euros con 4
GB de RAM e 64 GB de almacenamento e de 238 euros con 6 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento.