O Reto Rural Dixital recala en Laxe para achegar á cidadanía ás vantaxes das novas ferramentas
xoves, 15 de xaneiro do 2026
O Concello de Laxe informa de que nas próximas semanas desenvolveranse varios cursos gratuítos de formación dixital, dirixidos especialmente a persoas adultas e maiores, co obxectivo de que “ninguén quede atrás no uso da tecnoloxía nas zonas rurais”. Trátase de formacións prácticas e sinxelas desenvolvidas no marco da colaboración entre o Goberno e a Fundación Orange (Reto Rural Dixital) para aprender a manexar o teléfono móbil e outros dispositivos dixitais con máis seguridade e confianza.
En detalle, achegaranse á veciñanza os seguintes contidos: uso básico de teléfonos intelixentes, seguridade móbil, aplicacións cotiás, detección de noticias falsas e enganos, redes sociais e creación de contido audiovisual.
As sesións levaranse a cabo en varios emprazamentos:
Casa dos Veciños de Serantes. 19, 20 e 21 de xaneiro, de 10:00 a 13:00 h.
Concello de Laxe. 26, 27 e 28 de xaneiro, de 10:00 a 13:00 h.
Local Social de Soesto, os días 2, 3 e 4 de febreiro, de 10:00 a 13:00 h.
Local Social de Traba, os días 9, 10 e 11 de febreiro, en horario de 10:00 a 13:00 h.
Haberá 15 prazas dispoñibles e as inscricións poden facerse na Casa do Concello.
A maiores, en colaboración coa Cruz Vermella, levarase a cabo tamén un curso tecnolóxico na Casa do Maior de Colaxe (Laxe), entre o 19 e o 23 de xaneiro, con horario de 10:00 a 11:30 horas. Neste obradoiro familiarizarase aos participantes cos dispositivos móbiles, mostrando como dar os primeiros pasos con seguridade e de maneira saudable.
Máis información nos teléfonos 981 221 000 (Ext. 38262) e 981 728 310.
Estas accións están financiadas con fondos europeos e forman parte do compromiso por achegar a dixitalización a todas as persoas, vivan onde vivan.
