O Roland-Garros 2025, ao completo e en directo con Eurosport, en R

venres, 23 de maio do 2025 S. P.

A operadora galega R informou este venres 23 que coincidindo coa recta final do Giro de Italia, os clientes de TV Total da empresa con sede na Coruña, ofrecida por Agile TV, poderán gozar de novo, “integramente e coa máxima calidade de imaxe”, da 124ª edición do torneo Roland Garros, que emite ao completo e en directo Eurosport.
R lembra deste xeito que “dende o domingo 25 de maio e ata o 8 de xuño o Grand Slam parisiense marcará o inicio dunha nova era en 2025, xa que, por primeira vez en 20 anos, non contará coa súa lenda indiscutible: Rafa Nadal, 14 veces campión na Philippe Chatrier”. O vixente campión, Carlos Alcaraz, quere escribir a súa propia historia e buscará revalidar título en París. En fronte terá un Novak Djokovic en busca da súa 25o major, Jannik Sinner, número un do mundo, o alemán Alexander Zverev, finalista en 2024, ou clásicos da terra batida como Casper Ruud ou Stefanos Tsitsipas.
No cadro feminino, Iga Swiatek busca tamén facer historia co seu quinto título en París, pero terá que baterse coa número un do mundo, Aryna Sabalenka, e con outras candidatas ao título como Mira Andreeva, Coco Gauff, Jessica Pegula ou Madison Keys. Ademais, Paula Badosa, pola súa banda, tentará volver á súa mellor versión malia os seus problemas físicos.
Ademais, o equipo de expertos de Eurosport analizará igualmente a diario todo o que aconteza sobre a terra batida de París no espazo Pasando Bolas.
Ultra alta definición e multidispositivo con R
Grazas á diferenciación que proporciona a tecnoloxía 4K combinada coa calidade da rede de R os afeccionados ao tenis do operador galego que teñan contratada a TV Total poderán gozar, sen custo adicional, dos mellores partidos de cada xornada en directo, con calidade de ultra alta definición en Eurosport 4K (dial 112) e seguir cada minuto do torneo dende as pistas de Roland Garros en exclusiva a través de Eurosport 1 e máis Eurosport 2 (diais 110 e 111).
O resto de afeccionados ao tenis de R (opción TV Ocio) tamén poderán ver os partidos en Eurosport 1 (dial 110), canle convidada de R este mes.
Ata en 5 dispositivos será posible gozar do aberto francés, e os fans do tenis de R terán ademais a opción de repetir unha e outra vez os seus momentos máis emocionantes grazas a funcionalidades como gravación, rebobina (reiniciar un programa xa empezado) ou últimos 7 días (acceso a programación emitida durante a última semana), dispoñibles nas canles de Eurosport en R.