O Samsung ATIV Tab 3 aparece en Amazon.com
martes, 6 de agosto do 2013
Cando en xuño Samsung amosou varios
produtos da familia ATIV que veremos no mercado nos vindeiros meses, deixou
no caixón informacións tan importantes como o prezo e a data de lanzamento dos
distintos dispositivos, e o que era o tablet máis económico con Windows 8 que
amosaron no evento parece estar a piques de ver a luz, pois o
Samsung ATIV Tab 3 vén de aparecer na tenda en liña de Amazon para a súa
pre-reserva a un prezo de 559,99 dólares (422,54 euros) e cunha data de estrea fixada
no vindeiro dÃa 25.
Estamos ante un tablet con pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.366
x 768 pÃxeles, que ao operar cun procesador Intel Atom Z670 de dobre núcleo a
1,8 GHz é capaz de correr unha versión completa de Windows 8 (en vez de
empregar o Windows RT como fan outros dispositivos semellantes, como o Surface
RT, co que hai unha diferenza de prezo moi cativa para tal abismal diferenza de
prestacións), con 2 Gb de RAM, 64 Gb de almacenamento interno, Wi-Fi N e USB
2.0, que pode ser unha boa opción para quen precise das prestacións dun
ordenador completo, pero que queira gozar tamén da portabailidade dun tablet
(só pesa 580 gramos). Tamén inclúe unha stylus
para facilitar a realización de anotacións en pantalla ou un control máis
preciso en mobilidade.
- O tablet con Windows 8 inclúe stylus