O Samsung Galaxy A14 5G quere destacar entre os móbiles de entrada coa súa autonomía

mércores, 4 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

Samsung presentou hoxe o seu novo Galaxy A14 5G, un smartphone que poderiamos considerar que sube o nivel sobre o que podemos esperar dun móbil de gama de entrada, xa que é bastante completo, presume dunha batería de longa duración (que mediante o aforro de enerxía adaptativo podería chegar aos 3 días) e ten garantidas 2 grandes actualizacións de Android e 4 anos de actualizacións de seguridade (algo moi pouco frecuente nos móbiles económicos).
O Samsung Galaxy A14 5G chegará ao mercado en 3 cores diferentes, presenta unha pantalla Full HD+ de 6,6 polgadas cunha velocidade de refresco de 90 Hz, ten unha cámara traseira tripla e unha cámara frontal de 13 Mpíxeles, inclúe conectividade 5G, venderase con 64/128 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD, e incluso será compatible con Samsung Health (o que resulta práctico se contamos cun smartwatch de Samsung para facer un seguimento da nosa actividade física).

O móbil chegará ás tendas en 3 cores distintas

PUBLICIDADE