O Samsung Galaxy A7 contará con cámara traseira tripla
xoves, 20 de setembro do 2018
Para poder suplir as
limitacións propias do tamaño do sensor das cámaras nos smartphones xurdiron as
cámaras duais, pero esta tendencia pode forzarse, e asà temos que o Galaxy A7
de Samsung terá unha cámara traseira tripla, o que abre novas posibilidades a
este terminal de gama media.
Por unha banda o Galaxy A7 ten unha cámara de 8 MpÃxeles cun obxectivo grande
angular de 120 graos, o que consideran que é o mesmo ángulo de visión que o
ollo humano, facilitando asà que poidamos tirar fotografÃas sen que se nos escape
nada. Cando buscamos definición temos unha cámara de 24 MpÃxeles (con apertura
f/1.7), que co apoio da cámara de profundidade consegue fermosos retratos
empregando o desenfoque de fondo, aÃnda que a súa elevada resolución tamén pode
aproveitarse para combinar 4 pÃxeles en 1, para poder xerar fotografÃas máis
claras en contornos de baixa luminosidade. A todo isto súmaselle un optimizador
de escenas intelixente, que realiza unha serie de axustes de color, contraste e
brillo para conseguir imaxes óptimas ao instante.
Este novo móbil tampouco esquece os autorretratos, e a súa cámara frontal conta
cun sensor de 24 MpÃxeles (con apertura f/2.0) e un flash LED axustable, sendo
tamén capaz de desenfocar o fondo nos selfies
e aplicar distintos filtros.
O Galaxy A7 conta cunha pantalla Super AMOLED de 6 polgadas cunha resolución de
2.220 x 1.080 pÃxeles, procesador de 8 núcleos a 2,2 GHz, 4 GB de RAM, 64 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB, NFC, lector
de pegadas dixitais lateral, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0 e baterÃa de 3.300 mAh,
que tamén presume de son inmersivo Dolby Atmos e carcasas en cores rechamantes
(azul, negro, dourado ou rosa). Esta prevista a súa chegada ao mercado o
vindeiro 11 de outubro.