O Samsung Galaxy A8 terá un grosor de só 5,9 milÃmetros
mércores, 15 de xullo do 2015
Samsung está a introducir no mercado chinés o que serÃa o
seu smartphone máis delgado até o momento, o Galaxy A8, que cun grosor de só
5,9 milÃmetros conseguirÃa igualmente combinar deseño e potencia, converténdose
nun dos terminais máis atractivos do mercado.
O Samsung
Galaxy A8 ten unha pantalla Super AMOLED de 5,7 polgadas cunha resolución
de 1.920 x 1.080 pÃxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 615 de 8 núcleos, 2 GB
de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno ampliable mediante microSD, cámaras
de 16 e 5 MpÃxeles, baterÃa de 3.050 mAh e sistema operativo Android 5.1.1.
Aparte do grosor e os acabados coidados, venderase en cor branca, negra ou
dourada, conseguindo asà incrementar o seu atractivo e adaptarse a distintos
gustos, e o seu prezo será relativamente axustado ás súas prestacións e o seu
corpo de metal, xa que espérase que saia
á venda a 3.499 iuans (512,56 euros), quedando no aire cando teremos este
terminal que parece estar a marcar a pauta para o futuro Galaxy Note 5.
- O Samsung Galaxy A8 sairá á venda cun corpo metálico en tres cores distintas