O Samsung Galaxy Fold chegará ao mercado en setembro

venres, 26 de xullo do 2019 Marcus Fernández

O pasado mes de abril, cando estaba a piques de saír á venda o Samsung Galaxy Fold, detectáronse fallos de deseño do dispositivo que afectaban seriamente á súa integridade, polo que a compañía surcoreana optou por retirar o produto para o seu redeseño, e finalmente confirman que o Galaxy Fold está listo para o seu lanzamento a partires de setembro.
Durante este tempo Samsung analizou e avaliou por completo o deseño do produto, facendo melloras e realizando probas para validar os cambios propostos. Deste xeito o Galaxy Fold final contará cunha capa protectora na súa pantalla Infinity Flex Display que vai máis aló do bisel para evitar que os usuarios a retiren (como aconteceu nas unidades de proba que fixeron saltar as alarmas en abril), incorpora reforzos para protexer mellor o dispositivo ante partículas externas, reforzaron a bisagra na súa parte superior e inferior con novas tapas de protección, incorporáronse capas metálicas adicionais baixo a pantalla para reforzar a súa protección e reduciuse o espazo entre a bisagra e o corpo do Galaxy Fold.
Temos así que os que se consideraban os puntos febles do dispositivo reforzáronse para evitar fallos que poidan estragalo rapidamente, aínda que dende Samsung tamén quixeron aproveitar este tempo adicional para continuar a mellorar a experiencia de usuario do dispositivo, optimizando un maior número de aplicacións e servizos para conseguir unha experiencia única no Fold.

O Galaxy Fold é un produto pioneiro, que inicia un novo formato, de aí que supoña todo un reto a súa creación

PUBLICIDADE