O Samsung Galaxy M20 chegará a España a un prezo de 229 euros

martes, 5 de marzo do 2019 Marcus Fernández

A familia de móbil Galaxy M centraron a ofensiva de Samsung na India para conquistar o mercado millennial, e aínda que semellaba que estes atractivos móbiles non querían saír de tal territorio, finalmente van comercializarse globalmente, e a súa chegada a España está prevista para o vindeiro luns se atendemos á súa aparición en tendas en liña como PC Componentes e Amazon.
Polo momento o móbil da serie Galaxy M que chegará a España será o máis atractivo e equilibrado, o Samsung Galaxy M20, que na súa configuración con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento vai chegar ás tendas a un prezo de 229 euros, o que supón a proposta máis agresiva de Samsung para competir con móbiles de gama media de fabricantes chineses como Huawei ou Xiaomi, que terano complicado para competir con este novo dispositivo.
O Galaxy M20 ten unha pantalla Infinity-V (ou sexa, cunha pequena pestana superior con forma de V para albergar unha cámara frontal de 8 Mpíxeles con función Live Focus, ou sexa, cun modo retrato en tempo real, aproveitando tamén o brillo da pantalla para iluminar os selfies) de 6,3 polgadas cunha resolución de 2.340 x 1.080 píxeles, procesador Exynos 7904 de 8 núcleos, lector de tarxetas microSD de até 512 GB, desbloqueo facial, lector traseiro de pegadas dixitais, dobre nano SIM con dual VoLTE, certificación Widevine L1 para poder gozar de contido en alta definición a través de streming e, como puntos máis fortes, unha cámara traseira dual que combina un sensor de 13 Mpíxeles con apertura f/1.9 para conseguir fotografías incribles con pouca luz e un sensor de 5 Mpíxeles cun angular de 120 graos, e unha batería de 5.000 mAh con carga rápida de 15 watts (3 veces máis rápida do normal) por USB-C, que presume de ofrecer até 28 horas de reprodución continua de vídeo cunha única carga.
Tras a chegada deste impresionante terminal de gama media, queda agora esperar a que o Galaxy M30 tamén se poña á venda en España, que vén a ser unha versión cunha pantalla lixeiramente máis grande (6,4 polgadas cunha pestana superior con forma de U cunha cámara frontal de 16 Mpíxeles) e cámara traseira tripla, que só incrementaría o seu prezo nuns 25 euros.

JPEG - 90.7 KB
O Galaxy M20 é un smartphone moi equilibrado, que destaca pola súa grande pantalla, a súa cámara dual e a súa xenerosa batería

PUBLICIDADE