O Samsung Galaxy M21 contará con batería de 6.000 mAh e cámara de 48 Mpíxeles

mércores, 18 de marzo do 2020 Marcus Fernández

A familia de móbiles Galaxy M, caracterizada por dirixirse a un público mozo e por gozar de baterías moi xenerosas, estrea un novo integrante na India, que en poucas semanas podería chegar tamén ao noso territorio, o Samsung Galaxy M21, un smartphone que por 12.999 rupias (158 euros) achegará unha pantalla sAMOLED Full HD+ Infinity U, unha xigantesca batería de 6.000 mAh con carga rápida de 15 watts, unha cámara traseira tripla cun sensor principal de 48 Mpíxeles e unha cámara frontal de 20 Mpíxeles.
Este novo smartphone estará equipado cun procesador Exynos 9611, gráfica Mali-G72, 4/6 GB de RAM LPDDR4x, 64/128 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 512 GB, lector de pegadas traseiro, desbloqueo facial e sistema operativo Android 10, de xeito que estaríamos ante un teléfono de gama media con boas especificacións e un prezo bastante equipado como para que poida resultar popular entre un público que valora especialmente a boa autonomía dos seus dispositivos móbiles.

O Samsung Galaxy M21 sairá á venda na India o vindeiro luns no seu modelo con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento en cor azul ou negra (a variante con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento chegará ao mercado máis adiante)

Vídeo promocional do Samsung Galaxy M21

PUBLICIDADE