O Samsung Galaxy M31s terá unha baterÃa de 6.000 mAh
venres, 31 de xullo do 2020
A serie M de Samsung continúa a medrar, comezando o
lanzamento de novos terminais pola India como vén a ser habitual, e como novo
integrante temos o máis que salientable Galaxy M31s, que
sairá á venda o vindeiro 6 de agosto a un prezo de 20.499 rupias (231 euros) con
6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento ou a 22.499 rupias (254 euros) con 8 GB
de RAM e 128 GB de almacenamento.
O Samsung Galaxy M31s ten unha pantalla Super AMOLED Full HD+ de 6,5 polgadas cun orificio superior
central para a súa cámara frontal de 32 MpÃxeles, procesador Exynos 9611 de 8
núcleos, dobre SIM, ampliación do seu almacenamento interno mediante tarxetas
de memoria de até 512 GB e un deseño que destaca fronte ao resto da súa familia
por ser o primeiro en contar con pantalla perforada e unha carcasa en cor azul
ou negra con efecto de degradado.
Pero os puntos fortes deste smartphone son concretamente dous: por unha banda a
súa cámara cuádrupla cun sensor principal de 64 MpÃxeles, un ultra grande
angular de 12 MpÃxeles, un sensor de profundidade de 5 MpÃxeles e un macro de 5
MpÃxeles que sorprende por contar coa función captura única (que pode disparar
até 10 fotografÃas e vÃdeos cunha única toma) propia de móbiles de alta gama; e
por outra banda tamén ten unha impresionante baterÃa de 6.000 mAh con carga
rápida de 25 watts que poderÃa cargarse completamente en 97 minutos e que, ante
a súa alta capacidade, incorpora a opción de cargar outros dispositivos a
través de USB-C.
VÃdeo promocional do Galaxy M31s