O Samsung Galaxy M54 terá unha baterÃa de 6.000 mAh
xoves, 23 de marzo do 2023
A familia Galaxy
M de Samsung caracterizouse historicamente por contar con móbiles de gama media
con grandes baterÃas, e o seu novo integrante, que xa comeza a aparecer nalgúns
mercados, confirma a tendencia, xa que o Samsung
Galaxy M54 presenta unha impresionante baterÃa de 6.000 mAh (con carga
rápida de 25 watts), o que deberÃa ser dabondo para aguantar un par de dÃas
completos.
Este smartphone funciona cun procesador Exynos 1380, 6/8 GB de RAM, 128/256 GB
de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de até 1 TB de capacidade,
pantalla Super AMOLED Plus Full HD+ de 6,7 polgadas cunha velocidade de
refresco de 120 Hz, Wi-Fi 6, Bluetooth 5.3, lector de impresións dixitais, NFC
e, pese a ser un móbil de gama media, unha configuración de cámara que resulta
un tanto rechamante, xa que a súa cámara traseira tripla ten un sensor
principal de 108 MpÃxeles con estabilización óptica, mentres que a cámara
frontal é de 32 MpÃxeles.
Polo momento non sabemos cando chegará ao noso mercado e o seu prezo, aÃnda que
podemos contar con que vaia venderse a preto de 500 euros, seguindo a liña do
Galaxy M53 (que chegou ao mercado a un prezo de 519 euros, pero actualmente
pode atoparse por menos de 400 euros).
- Unha baterÃa de 6.000 mAh e unha cámara traseira principal de 108 MpÃxeles son os grandes reclamos do Samsung Galaxy M54