O Samsung Galaxy S24 FE presume de IA
xoves, 26 de setembro do 2024
Coincidindo coa posta á venda do Galaxy Ring en España, chega o smartphone que completa a familia Galaxy S24, o Samsung Galaxy S24 FE, que presume de achegar unha experiencia premium a un maior número de usuario, asà como tamén as funcións de Galaxy AI.
O novo Samsung Galaxy S24 FE chega cunha pantalla Dynamic AMOLED 2X adaptativa de 6,7 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz e Vision Booster para facilitar a súa visualización incluso baixo a luz do sol, cun procesador Exynos 2400e de 10 núcleos, 8 GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento interno, cámara traseira tripla cun sensor principal de 50 MpÃxeles, un ultra grande angular de 12 MpÃxeles e un teleobxectivo con zoom óptico de 3x e 8 MpÃxeles, xunto cunha cámara frontal de 10 MpÃxeles, que xunto a unha baterÃa de 4.700 mAh (que promete autonomÃa para ver vÃdeo até 28 horas de vÃdeo) completa un produto bastante atractivo que chega ás tendas a un prezo de 759 euros para o modelo con 128 GB de capacidade e 819 euros para a versión con 256 GB de almacenamento interno (prezos que de lanzamento poden resultar pouco atractivos, porque son moi semellantes aos que actualmente ten o Galaxy S24, que é un dispositivo considerablemente superior, aÃnda que coa pantalla máis cativa).
O que resulta bastante curioso é a importancia que dá Samsung á intelixencia artificial ao promocionar este móbil. Salientan o retoque e a edición de imaxes con Photo Assist, a posibilidade de crear imaxes a través de esbozos con Sketch to Image, a función Circle to Search para axilizar as buscas baseadas en imaxes, as funcións de tradución en tempo real, a posibilidade de empregar o móbil como intérprete ou os resumes mediante IA de páxinas web, ao que haberÃa que sumar detalles como a calidade dos retratos con pouca luz con Galaxy ProVision Engine, a posibilidade de captar grandes imaxes a distancia co Optical Quality Zoom, a posibilidade de xerar secuencias en cámara lenta (aÃnda que non se gravasen asÃ) tirando proveito da IA ou incluso a función de Portrait Studio coa que poden converterse os retratos en obras de arte en poucos segundos.
Tampouco podemos esquecer que estamos ante un móbil que poden empregarse para pagamentos contactless, con soporte de carga sen fÃos e con resistencia IP68, polo que estamos ante un móbil de gama alta, aÃnda que coa vocación de axustar o seu prezo.
VÃdeo de presentación do Samsung Galaxy S24 FE