O Samsung Galaxy S7 Active terá pantalla de 5,1" e baterÃa de 4.000 mAh
luns, 6 de xuño do 2016
Como
en anteriores xeracións dos Samsung Galaxy S, finalmente chega un modelo
reforzado para usuarios que teñan que empregar o smartphone ao aire libre ou
realizando actividades nas que perigue a súa integridade, o Samsung Galaxy S7
Active, que venderase
inicialmente a través de AT&T nos EE.UU., o que permÃtenos coñecer a
súa aparencia e prestacións.
O Galaxy S7 Active mantén as prestacións básicas do S7 (procesador Qualcomm
Snapdragon 820, 4 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno ampliable mediante
tarxetas microSD, cámaras de 12 e 5 MpÃxeles, NFC, carga sen fÃos e lector de
pegadas dixitais), aÃnda que reduce a súa pantalla até as 5,1 polgadas e
incrementa a súa baterÃa até os 4.000 mAh (de xeito que a súa autonomÃa deberÃa
de ser excelente) á vez que incorpora resistencia aos golpes grazas á
incorporación de proteccións de goma, de xeito que non só soporta a auga como o
modelo ordinario, senón que tamén resiste caÃdas, golpes, sucidade e
temperaturas extremas.
O seu prezo estará na liña do Galaxy S7 Edge e sairá nos EE.UU. o 10 de xuño en
tres cores/deseños diferentes, quedando por saber as condicións nas que chegará
ao noso mercado.
- O Galaxy S7 Active está especialmente reforzado para soportar caÃdas e outras agresións
VÃdeo de presentación do Samsung Galaxy S7 Active