O Samsung Galaxy S8 Active descata pola súa resistencia e autonomía

luns, 7 de agosto do 2017 Marcus Fernández

Non é ningunha sorpresa que tras o móbil insignia de Samsung saia unha versión reforzada do mesmo orientada ao público aventureiro ou, simplemente, para quen precisa un dispositivo resistente (por exemplo, por empregalo en exteriores ou contornos industriais), polo que só era cuestión de tempo que vese a luz o Samsung Galaxy 8 Active, que finalmente sairá á venda o vindeiro venres, aínda que durante a xornada de mañá xa poderá reservarse en diferentes mercados.
Este novo smartphone vén a ser practicamente un Galaxy S8, ou sexa, que inclúe un procesador Qualcomm Snapdragon 835, 4 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno e cámaras de 12 e 8 Mpíxeles, pero mellora considerablemente en capacidade da súa batería, pois pasa dos 3.000 mAh do S8 a 4.000 mAh, atendendo así á necesidade que un móbil para usar normalmente no exterior teña unha boa autonomía.
Exteriormente o móbil si é considerablemente diferente, pois prescinde da fráxil pantalla infinita de Samsung para contar cunha máis que decente pantalla Super AMOLED Quad HD de 5,8 polgadas co nalgo de marco para facilitar a súa protección (para o que tamén inclúe un marco de grande resistencia). A pantalla tamén está dotada de maior resistencia aos impactos e ás rabuñaduras que outros smartphones, polo que estamos ante un deses dispositivos con materiais de grao militar que consegue soportar auga, po e golpes pero cunha grande diferenza fronte aos seus competidores: contar coas prestacións propias dun alta gama.

PUBLICIDADE