O Samsung Galaxy Z Fold2 custará 2.009 euros
martes, 1 de setembro do 2020
- O Galaxy Z Fold2 pode adquirirse con visagras de cores personalizadas
Durante a presentación do Samsung Galaxy Note20 adiantaron
o que serÃa o Samsung Galaxy Z Fold2, smartphone sucesor directo do Galaxy Fold
orixinal que hoxe presentouse oficialmente, chegando incluso a abrirse o seu
proceso de venda
anticipada a un prezo de 2.009 euros, co que inclúen un seguro Samsung
Care+ durante 1 ano, para protexer o dispositivo (cubre 1 accidente durante o
perÃodo de cobertura da póliza) e gozar tamén dun servizo de atención
telefónica personalizada cun equipo técnico de expertos. Como data de lanzamento
dos dispositivo fixan o 18 de setembro (aÃnda que hai establecementos que prevén
recibir unidades o vindeiro dÃa 14).
O Samsung
Galaxy Z Fold2 incorpora numerosas melloras con respecto ao primeiro Fold, sendo
a máis importante o incremento de tamaño da súa pantalla externa, que ao ser
agora unha pantalla Super AMOLED de 6,2 polgadas cunha resolución de 2.260 x
816 pÃxeles permite un uso efectivo do terminal encartado, mentres que a
pantalla principal Dynamic AMOLED 2X de 7,6 polgadas ten unha resolución de
2.208 x 1.768 pÃxeles que, ao ser encartable pode operar incluso como dúas
pantallas á vez grazas ao novo deseño de bisagra que facilita o uso do
dispositivo coa pantalla aberta en distintos ángulos (modo Flex), co que pode empregarse
de xeitos análogos a un ordenador portátil sobre unha mesa, o que resulta
práctico para consumir contidos mentres se realiza outra acción, para
videoconferencias con Google Duo en mans libres ou simplemente para gozar de interfaces
de control avanzadas en aplicacións fotográficas.
AÃnda que o primeiro Fold estaba moi orientado ao uso da súa pantalla
principal, desta volta Samsung quixo aproveitar máis a pantalla externa, de
xeito que cando esteamos disparando fotografÃas coa cámara traseira a pantalla
externa tamén pode amosar o que se está a enfocar, o que pode resultar de grande
utilidade, moi especialmente para poder realizar autorretratos de alta
calidade, xa que empregarÃase a cámara principal (con 3 sensores de 12 MpÃxeles
e diferentes distancias focais) para estas instantáneas, en vez de as reducidas
cámaras frontais (de 10 MpÃxeles e apertura f/2.2) que quedarÃan limitadas ao
uso durante videoconferencias.
A pantalla principal está optimizada para a multitarefa, permitindo a súa
división con até 3 fiestras activas, que no caso de aplicacións como o
Microsoft Office incluso poderÃan aproveitarse para arrastrar e soltar contidos
entre unha aplicación e outra, evitando asà ter que recorrer a un ordenador
persoal para editar unha presentación e permitindo fluxos de traballo que habitualmente
estaban limitados a equipos informáticos. Outras aplicacións como Gmail, YouTube,
Spotify ou Outlook están optimizadas para a pantalla do Fold2, presentando unha
interface propia dunha aplicación para tabletas, ou sexa, aproveitando o xeneroso
espazo de pantalla.
Este smartphone ten unha baterÃa de 4.500 mAh con carga rápida tanto por cable
como sen fÃos, o que pode parecer pouco para un dispositivo con pantalla de
grandes dimensións; e a nivel de conectividade inclúe dende WiFi 6 até 5G,
soportando incluso bandas que tardarán bastante en estar operativas, polo que
entendemos que é un dispositivo deseñado para ter bastante vida por diante. De
feito, aÃnda que chega con Android 10, ten garantidos 3 actualizacións de xeración
de Android. En España só está dispoñible nunha versión con 12 GB de RAM e 256
GB de almacenamento interno. Un produto que polo momento non quere chegar ao
grande público, senón que busca ter certo aire de exclusividade, como denota o
feito de que vaia contar tamén cunha edición de Thom Browne limitada a 5.000 unidades
que chegará o 25 de setembro a un prezo de 3.300 dólares.
- Google Duo é unha das aplicación optimizadas para o modo Flex.
- AÃnda que o Galaxy Z Fold2 está dispoñible en 2 cores distintas, o contar con bisagras personalizables conséguese que este dispositivo premium pareza máis especial.
- O modo Flex permite empregar o Galaxy Z Fold2 case en certas situacións coma se fose un ordenador portátil.
- Aplicacións de compañÃas como Google e Microsoft están optimizadas para o seu uso en grandes pantallas como a do Galaxy Z Fold2, na que se comportan coma se estivesen nunha tableta, aproveitando o espazo dispoñible para amosar máis información en pantalla.
VÃdeo coa presentación oficial do Samsung Galaxy Z Fold2