O Samsung Gear S3 presume de pantalla sempre activa e autonomÃa de 4 dÃas
mércores, 31 de agosto do 2016
Aproveitando a celebración da feira IFA de BerlÃn Samsung
presentou hoxe o seu smartwatch
Gear S3, que refórzase nos puntais do seu
modelo predecesor, combinando un deseño tradicional con resistencia á auga
(IP68), GPS, altofalante integrado e, nalgúns territorios, incluso con
pagamentos móbiles e conectividade LTE. Para adaptarse a distintos perfÃs de
usuarios chegarán en dous modelos: o Gear S3 classic, cunha aparencia elegante
e minimalista; e o Gear S3 frontier, máis resistente (MIL-STD-810G) e pensado
para actividades ao aire libre. En ambos casos os reloxos son compatibles con
correas estándar de 22 milÃmetros, facendo doado que os usuarios os personalicen
para adaptarse a distintas ocasións.
Un detalle salientable destes novos reloxos é que por primeira vez na familia
Gear incorporan pantalla Corning Gorilla Glass SR+, especialmente deseñada para
resistir rabuñaduras sen deslucir a impresionante pantalla Super AMOLED e AOD (Always
On Display, ou sexa, que en vez de pór a súa pantalla en negro cando está fóra
de uso presenta unha esfera que imita a aparencia dun reloxo analóxico de luxo)
con 16 millóns de cores que supón un grande elemento diferencial fronte a
outros smartwatches.
Os reloxos Gear S3, pese a ter pantalla táctil, apostan por facilitar a
interacción xirando o bisel ao redor da súa esfera, de xeito que un usuario
poderá aceptar ou rexeitar unha chamada sen tocar a pantalla, asà como moverse
polos seus menús dun xeito moi cómodo e preciso; aÃnda que outras das súas
funcionalidades máis prácticas poderÃan ser o permitir escribir en pantalla mensaxes
que se converterán automaticamente en texto.
O seu GPS integrado, xunto co alti-barómetro e o velocÃmetro permitirán
empregar o reloxo para medir os adestramentos deportivos sen ter que empregar
un voluminoso reloxo deportivo para tal fin e, de contarmos cun dos modelos do
reloxo con LTE incluso poderiamos levar o teléfono no pulso e non perder unha
chamada cando saiamos a practicar deporte.
As funcionalidades de voz son realmente prácticas grazas ao altofalante
integrado, de xeito que poderá empregarse o reloxo para intercambiar mensaxes
de voz ou incluso para escoitar música (aÃnda que este último detalle resulta
moito máis cómodo e con máis calidade se nos valemos duns auriculares
Bluetooth) e a baterÃa do Gear S3 promete até 4 dÃas de baterÃa cunha única
carga.
Ao integrar NFC o Gear S3 tamén poderá empregarse para realizar pagamentos sen
ter que sacar o smartphone do peto para usuarios que gocen da tecnoloxÃa Samsung Pay, que promete
estar dispoñible en case todos os bancos españois antes de rematar o ano,
estando polo momento limitado a CaixaBank, Imagin Bank e Abanca.
No tocante ás súas especificacións o Samsung Gear S3 é un dispositivo wearable con pantalla circular Super
AMOLED de 1,3 polgadas cunha resolución de 360 x 360 pÃxeles con Corning
Gorilla Glass SR+, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, sistema operativo Tizen
2.3.2, 768 MB de RAM, 4 GB de memoria interna, Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, GPS,
NFC, acelerómetro, xiroscopio, barómetro, pulsÃmetro, sensor de luz ambiental, micrófono,
altofalante, motor de vibración, baterÃa de 380 mAh con carga por indución e resistencia
ao po e á auga (IP68).
O modelo clásico mide 49 x 46 x 12,9 milÃmetros e pesa
57 gramos, mentres que o modelo deportivo ten as mesmas medidas, pero pesa 5
gramos máis, sendo este último o único modelo que integrarÃa conectividade LTE
nos paÃses onde sexa posible contar con e-SIM (estándar que prevese que se
acepte globalmente este mesmo ano).
AÃnda que o dispositivo está pensado para operar á perfección con smartphones
de Samsung, é posible emparellar os Gear S3 con smartphones con Android 4.4 e
superior cun mÃnimo de 1,5 GB de RAM e incluso está
xa en marcha un programa en probas para facer compatible este tipo de
dispositivos co iPhone.
VÃdeo de presentación do Samsung Gear S3