O Samsung Ring pódese ver en Barcelona
luns, 26 de febreiro do 2024
Coincidindo coa celebración do Mobile World Congress en Barcelona, Samsung lanza un manifesto en favor da saúde dixital, propoñendo o uso da IA e dos dispositivos Samsung Galaxy para o seu coidado. AÃnda que a compañÃa xa conta no seu catálogo con reloxos que facilitan o seguimento da saúde, en Barcelona permiten ver un produto que presentarán máis adiante: o Samsung Ring.
O futuro anel de Samsung buscarÃa facer un seguimento da nosa saúde durante as 24 horas, dun xeito máis cómodo que un reloxo, de xeito que recollerÃa datos cos seus sensores durante o dÃa e a noite para que logo fosen procesados pola IA de Samsung para logo ter unha visión global do noso benestar persoal e recibir consellos para ter unha vida máis saudable.
Polo momento non detallan nin os sensores que incluirá o Samsung Ring, pero atendendo a outros produtos semellantes que xa hai no mercado podemos entender que servirá como monitor cardÃaco, medidor do osÃxeno en sangue e incluso monitor do sono, de xeito que poderÃa amosar un retrato do noso benestar fÃsico moi completo. De incluÃr seguimento da tensión arterial superarÃa a outros produtos semellantes.
- O Samsung Ring estará dispoñible en múltiples talles