O Samsung Serenata destaca polo seu orixinal deseño

xoves, 4 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Samsung está a desenvolver con Bang & Olufsen unha versión renovada do seu móbil Serene, para ter un terminal atractivo que competir cos novos móbiles que destacan polas súas revolucionarias estéticas.
Este novo teléfono móbil responderá ó nome de Serenata que tamén funcionará como reprodutor multimedia cunha capacidade de almacenamento de 4 Gb (o que permitiría gardar un milleiros de cancións), pantalla táctil LCD de 2,26 polgadas e soporte de 3G e HSDPA.
Pero reiteramos que o máis orixinal deste móbil será a súa estética, xa que aparentemente non semella un móbil, pos presentará unha forma redondeada cunha grande roda de navegación, dende a que e manexan as súas funcións. Agárdase que chegue ó mercado durante o presente mes.

PUBLICIDADE