O Samsung Smart Monitor M8 mellora as imaxes e o son grazas á IA
martes, 4 de xuño do 2024
Samsung está a renovar a súa gama de televisores con capacidades de Smart TV, buscando asà achegar nun único dispositivo unha solución para o lecer un produto orientado á produtividade, resultando ideal cando se precisa optimizar o espazo.
Dos novos monitores o máis salientable serÃa o Samsung Smart Monitor M8 (modelo M80D), que presenta unha pantalla de 32 polgadas con resolución 4K que tira proveito da IA para mellorar os contidos con pouca resolución e tamén integra a función Active Voce Amplifier Pro para analizar o ruÃdo de fondo do contorno do usuario para optimizar o diálogo no contido do usuario. Emparellándose con auriculares Samsung Galaxy Buds tamén son compatibles co modo audio 360 e emparellándose cun Samsung Galaxy Watch tamén pode amosar datos de saúde en tempo real na pantalla.
Este monitor tamén integra unha cámara SlimFit, que facilita a realización de videochamadas, incluso a través de aplicacións móbiles con Samsung DeX.
O atractivo deste monitor é a posibilidade de empregalo sen ter que conectarlle un ordenador ou unha consola de videoxogos, xa que é capaz de correr aplicacións para Smart TV, incluÃndo servizos de xogo en streaming e incluso pode aproveitarse para controlar a electrónica doméstica.
Este modelo chaga un panel VA cun brillo de 400 cd/m2, mentres que o modelo M70D reduce o brillo 300 cd/m2 (ofrecéndose en tamaños de 43 e 32 polgadas), e o modelo M50D limitarÃase a 250 cd/m2 (con tamaños de 32 e 27 polgadas e unha resolución Full HD).
VÃdeo promocional do novo Samsung Smart Monitor M8