O Samsung YP-R1 incorpora soporte de DivX

martes, 1 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Para confirmar a súa asistencia na feira IFA 2009 de Berlín o fabricante surcoreano Samsung anunciou oficialmente o seu novo reprodutor multimedia YP-R1, que en breve estará dispoñible no noso mercado, e que conta cunha pantalla LCD táctil de 2,6 polgadas cunha resolución de 400 x 240 píxeles, un deseño moi delgado (só 8,9 milímetros de grosor) e moi lixeiro (50 gramos de peso), interface de uso TouchWiz (que permite facer sentir ao usuario as súas interaccións co sistema), saída de televisión para ver vídeos e fotografías nunha pantalla grande, sintonizador de radio FM, gravación de voz, Bluetooth, capacidade de almacenamento de disco de 8, 16 ou 32 Gb e unha impresionante diversidade de formatos multimedia soportados: MP3, WMA, Ogg, FLAC, AAC, MPEG-4, WMV, H.264, DivX, XviD, ASF, RMVB, JPG, GIF, PNG, BMP, TXT e SWF.
A súa autonomía é de ata 25 horas para a reprodución musical e 5 horas para o vídeo.

O Samsung YP-R1 soporta unha grande variedade de formatos multimedia

PUBLICIDADE