O Samsung Z2 será o primeiro smartphone 4G con Tizen
martes, 23 de agosto do 2016
Nos últimos anos Samsung apostou seriamente por Android como
sistema operativo móbil de referencia, mantendo como posible plan B o sistema
operativo Tizen que, por exemplo, empregaba nos seus smartwatches, pero agora vai un paso máis aló e atrévese a lanzar
na India o Samsung
Z2, un smartphone 4G que funciona con Tizen e que busca captar ao mundo dos
smartphones aos usuarios que veñen dun teléfono móbil básico, para o que chega
con aplicacións esenciais
pre-cargadas (como WhatsApp, Facebook ou YouTube) e unha serie de
caracterÃsticas desenvolvidas para a India (como un modo S bike, orientado aos vehÃculos de dúas rodas) e que sairá
á venda o vindeiro dÃa 29 en cor ouro, negra, ou vermella viño a un prezo
de 4.590 rupias (60,41 euros).
O axustado prezo do terminal xa dá a entender que estamos ante un dispositivo
moi básico. Falamos dun smartphone con pantalla WVGA de 4 polgadas, procesador
de 4 núcleos a 1,5 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas de memoria microSD de até 128 GB), cámaras de 5 e 0,3
MpÃxeles, dobre SIM e baterÃa de 1.500 mAh. Un smartphone que servirá para
probar se Tizen está preparado para o grande público ou, cando menos, se o
público pode aceptar un dispositivo que non funcione con Android nun momento no
que o sistema operativo promovido por Google é practicamente un estándar
adoptado globalmente.
- O Samsung Z2 é un smartphone bastante básico, con pantalla de 4 polgadas e 1 GB de RAM que polo momento só venderase na India