O Snapdragon 4s Gen 2 achegará conectividade 5G a móbiles económicos
martes, 30 de xullo do 2024
Para facer máis accesible a conectividade móbil 5G dende Qualcomm presentan os seus procesadores Snapdragon 4s Gen 2, plataforma que tamén achega un bo rendemento de CPU para unha multitarefa e unha produtividade sen interrupcións, audio mellorado mediante IA e melloras na experiencias de xogo e de reprodución de vÃdeo en streaming.
Coa plataforma Qualcomm Snapdragon 4s Gen 2 achégase un modem 5G capaz de velocidades de descarga de até 1 Gbps, Wi-Fi 5, CPU Qualcomm Kryo, carga rápida Quick Charge 4+, soporte para almacenamento UFS 3.1, procesador de imaxe Qualcomm Spectra, soporte para a reprodución de vÃdeo en Full HD+ até a 90 imaxes por segundo, soporte para música en streaming até a 96 kHz, e outras prestacións que pasarán a estar ao alcance de móbiles de baixa gama, sendo Xiaomi a primeira compañÃa que anuncia a súa adopción para finais do presente ano.
Muralikrishnan B, presidente de Xiaomi India, amosou a súa satisfacción coa incorporación desta tecnoloxÃa de Qualcomm aos seus dispositivos xa que «moitas persoas aÃnda non experimentaron os beneficios da 5G, e grazas ao Snapdragon 4s Gen 2, Xiaomi pode levar a conectividade 5G a unha audiencia máis ampla para axudar a remodelar a forma en que o mundo se conecta e interactúa».