O Sony Ericsson Aino poderá reproducir contidos da PlayStation 3
venres, 29 de maio do 2009
Pese a que Sony
Ericsson estea a pasar apuros económicos iso non os desanima para presentar
innovacións nos seus terminais, e así presentan o Sony
Ericsson Aino, que é un terminal con pantalla táctil de 3 polgadas
cunha resolución de 240 x 432 píxeles que sorprende por contar con integración
coa PlayStation 3. O móbil poderá facer uso de Remote Play para
acceder aos contidos almacenados na consola e mesmo a televisión se contamos
con PlayTV na PS3.
En prestacións tampouco queda curto, e conta cunha cámara de 8 Mpíxeles (con
recoñecemento de caras, enfoque automático e flash), receptor de GPS,
sintonizador de radio FM, Bluetooth con soporte A2DP, Wi-Fi, lector de tarxetas
microSD (inclúe unha de 8 Gb) e unha autonomía de ata 13 horas en conversa, ata
380 horas en espera e incluso 31 horas reproducindo música. Mide 104 x 50x15.5 mm e pesa 134 gramos.
Chegará ao mercado a comezo do último trimestre do ano, e estará dispoñible en
branco e en negro.
Vídeo promocional do Aino