O Sony Ericsson W995 preséntase coma unha aposta conservadora para a reprodución multimedia

luns, 16 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

O Sony Ericsson W995 é posiblemente a aposta máis segura que se puido ver no Mobile World Congress, pois non se trata dun terminal innovador, senón que simplemente se limita a actualizar as prestacións doutros móbiles da serie Walkman, incorporando unha cámara de 8,1 Mpíxeles con enfoque automático, pantalla de 2,6 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles, memoria interna de 118 Mb ampliable con memorias M2 (inclúe unha de 8 Gb), conectividade HSDPA e Wi-Fi, A-GPS, un grosor de 15 milímetros e un peso de 113 gramos.
Temos así un móbil bastante completo que claramente está orientado á reprodución multimedia, permitindo a reprodución de vídeo en case calquera lugar e podendo reproducir clips de YouTube e outras webs de lecer, á vez que coida a calidade da reprodución musical.
Chegará ás tendas no segundo trimestre do ano.

PUBLICIDADE