O Sony Xperia 1 VI chegará ao mercado o mes que vén
mércores, 15 de maio do 2024
- O Xperia 1 VI está dirixido claramente a amantes da fotografÃa e o vÃdeo
Sony presenta o seu último smartphone de alta gama, o Xperia 1 VI, que volve a apostar por unhas magnÃficas cámaras e un bo apartado sonoro, aÃnda que desta volta presenta un cambio bastante rechamante, xa que a súa pantalla OLED de 6,5 polgadas non terá resolución 4K, senón que conformarase cunha resolución Full HD+, o que pode dar a entender que Sony prescindiu dunha caracterÃstica que incrementaba notablemente o prezo pero non estaba debidamente valorada polo público (por considerar excesiva tal resolución nunha pantalla de tamaño contido).
O Sony Xperia 1 VI segue a dirixirse aos amantes da fotografÃa e o vÃdeo, de aà que presente unha cámara traseira tripla cun teleobxectivo que pode usarse a entre 85 e 170 milÃmetros de distancia focal (o que serÃa un zoom de 7,1 aumentos), mentres que o seu grande angular de 24 milÃmetros está equipado cun sensor Exmor T for mobile que promete un excelente rendemento en condicións de pouca luz, que grazas ao procesamento mediante IA aseguran que ten un rendemento equiparable ao das cámaras full frame.
AÃnda que a nova pantalla do móbil non conte con resolución 4K, si ten unha luminosidade notable, até 1,5 veces máis brillante que modelos anteriores, o que sumando á tecnoloxÃa Sunlight Vision permite unha mellor visibilidade en exteriores, que procura evitar as luces sobreexpostas analizando en tempo real as imaxes e a luz ambiental.
Non é menos rechamante que sendo un móbil de alta gama conte con conector para auriculares, deixando claro que ofrece unha reprodución musical de grande calidade, tanto por cable como sen fÃos (soporta son de alta resolución, LDAC, LE Audio e Snapdragon Sound).
Este teléfono, que funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, tamén destaca pola súa baterÃa de 5.000 mAh, que pode cargarse até o 50% en só 30 minutos e ten capacidade dabondo para reproducir vÃdeo de xeito continuo até 36 horas.
Chegará ao mercado a primeiros de xuño a un prezo aproximado de 1.399 euros.
VÃdeo no que Sony presume das cámaras dos Xperia 1 VI