O Sony Xperia 5 V non superará a barreira dos mil euros
venres, 1 de setembro do 2023
Sony presentou
hoxe o seu novo smartphone de alta gama Xperia 5 V,
equipado co último sensor Exmor T for mobile (que ofrece unha grande
versatilidade fotográfica), aínda que non só está deseñado para unha boa captación
de contidos, senón que tamén coida o consumo de música e vídeo, así como a súa
autonomía.
O Sony Xperia 5 V está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2; a
súa cámara traseira dual conta con obxectivos ZEISS capaces de disparar
fotografías con 3 distancias focais diferentes (16, 24 e 48 milímetros); inclúe
toma para auriculares e tecnoloxía DSEE Ultimate para conseguir unha magnífica
experiencia sonora; a súa pantalla é compatible con HDR e conta cun elevado
nivel de brillo que facilita o seu uso incluso en exteriores; e a súa xenerosa
batería de 5.000 mAh con carga mediante cable e sen fíos non só aseguran que
pode durar dun día para outro coa metade da carga, senón que tamén tira da
tecnoloxía Xperia Adaptive Charging para que a batería ter un bo rendemento até
3 anos.
O novo smartphone de Sony chegará ao mercado a finais de mes a un prezo
recomendado de 999 euros.
Vídeo promocional do Xperia 5 V