O Space Invaders convértese nun xogo de realidade aumentada
martes, 18 de xullo do 2023
O xogo
Space Invaders cumpre 45 anos, e para celebralo Taito e Google
unen forzas para crear un novo xogo de realidade aumentada que convÃdanos a
defender a Terra de ataques alienÃxenas dende o novo barrio.
Space Invaders: World
Defense é un xogo móbil que podemos descargar
de balde para Android e para
iOS, e que precisa de que saiamos á rúa para poder botar unha partida
defendendo o planeta dos invasores que chegan do espazo, para o que haberá que
explorar os nosos barrios na procura destas ameazas que deberemos derrotar.
O xogo fai uso de ARCore e Geospatial API, de xeito que intégrase á perfección
ca nosa contorna, de xeito que ten en conta edificios próximos e outros elementos
do mundo real, incluÃndo a hora e as condicións meteorolóxicas.
Sen dúbida, un grande xeito para reivindicar un xogo que foi todo un referente,
sendo un dos culpables de que durante moitos anos ás máquinas recreativas se
lles chamase marcianitos.
VÃdeo promocional de Space Invaders: World Defense