O SunView é o primeiro reprodutor multimedia portátil en integrar un pico-proxector

venres, 18 de abril do 2008 Marcus Fernández

Sunlink International Holdings e iView Limited anunciaron na Feira de Electrónica de Hong Kong o seu reprodutor multimedia portátil SunView, que sería o primeiro produto comercial en integrar un prico-proxector, ou sexa un proxector de vídeo de tamaño reducido (que no futuro se poderían integrar incluso en teléfonos móbiles) para proxectar unha imaxe de ata 53 polgadas cunha resolución de 640 x 480 píxeles.
O reprodutor tamén incorpora unha pantalla táctil TFT de 3,5 polgadas, batería recargable, altofalante, lector de tarxetas SD e mando a distancia. Mide 133 x 79 x 25 milímetros e só pesa 40 gramos. Segundo parece, o reprodutor funciona co sistema operativo Windows CE e aínda non se sabe nada do seu prezo (que é de agardar que sexa elevado por ser aínda un produto innovador e de produción reducida).

PUBLICIDADE