O Surface Duo chegará a EE.UU. en setembro
mércores, 12 de agosto do 2020
O pasado outubro Microsoft sorprendeu anunciando que estaba
a preparar un par de dispositivos con dobre pantalla, no que semellaba un novo
concepto de produto de transición até a popularización das pantallas flexibles.
Un dos produtos, o Surface Neo, serÃa un portátil con Windows 10X, que por mor
da crise sanitaria terÃa adiado o seu lanzamento até o ano que vén, pero o que cumprirá
coa promesa de chegar ao mercado en 2020 é o Surface Duo,
un smartphone con dúas pantallas conectadas por unha bisagra de 360 graos que
busca levar a produtividade de Android a un novo nivel.
O Surface Duo
porase á venda nos EE.UU: o 10 de setembro a un prezo de 1.399 dólares,
ofrecendo un produto que a nivel de hardware non estarÃa á altura dos topes de
gama actuais, pero que co seu software conseguirÃan personalizar a experiencia
de Android conseguindo resultados moi interesantes para o traballo e a creación
de contidos, ou sexa, que non se limitan a engadir unha segunda pantalla como
fai LG cos seus móbiles insignia.
Este revolucionario smartphone funcionará cun procesador Qualcomm Snapdragon 855
(propio dos móbiles insignia do ano pasado), 6 GB de RAM, 128/256 GB de
almacenamento interno UFS 3.0, dúas pantallas AMOLED 4:3 de 5,6 polgadas cunha resolución
de 1.800 x 1.350 pÃxeles (que ao abrir o dispositivo conforma unha pantalla 3:2
de 8,1 polgadas), cámara de 11 MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, 4G, lector de
impresións dixitais, baterÃa de 3.577 mAh con carga rápida de 18 watts e a
posibilidade de completalo cun Surface Pen, que converterÃa o Surface Duo nunha
sorte de caderno (aÃnda que este dispositivo serÃa opcional).
As aplicacións para Android funcionarán no Surface Duo sen problema dende o
primeiro momento, pero os
desenvolvedores poderán optimizalas para a súa configuración de dobre pantalla,
algo que inicialmente farán aplicacións como o Office de Microsoft ou a
aplicación de lectura de libros electrónicos Kindle. Queda asà por ver como mellorará
a produtividade un dispositivo deste tipo, para ver se ten demanda dabondo para
que continúen os desenvolvementos nesta dirección.
- As aplicacións ordinarias de Android funcionarán sen problema no Surface Duo