O Surface Hub 2 achegará novas posibilidades ao traballo en grupo
mércores, 16 de maio do 2018
En
2015 Microsoft presentou o seu Surface Hub, unha pantalla de 55/84 polgadas
que podÃa empregarse a xeito de encerado dixital, integrando Windows 10, Skype
e Office 365, o que tiña un grande potencial para o traballo en grupo e as
multi-conferencias, e aÃnda que este produto non está dirixido a un público
masivo, parece estará a dar bo resultado, xa que agora anuncian
o Surface Hub 2, que principalmente será unha revisión do anterior produto,
pero máis limpo, áxil e accesible, con máis facilitades para adaptarse a
distintos contornos de traballo e baseado pantallas multitáctiles de 50,5
polgadas e resolución 4K+ (cunha proporción 3:2) acompañadas por cámaras 4K que
rotan co propio dispositivo (que tamén inclúe altofalantes e micrófonos de
longo alcance).
Un dos detalles máis salientables do Surface
Hub 2 é que permite escalar e adaptarse ao espazo dispoñible colocando até
4 pantallas xuntas en vertical ou horizontal, contando cun sistema que facilita
a rotación das pantallas e o seu desprazamento para que gañen versatilidade nas
xuntanzas de traballo en equipo.
Temos asà unha magnÃfica ferramenta para o traballo en grupo, na que pódese
gozar dun amplo escritorio na que conviven diferentes tarefas como
videoconferencias, presentacións de PowerPoint, aplicacións de encerado dixital
e ferramentas de análise empresarial.
Unha das grandes melloras do Surface Hub 2 é a posibilidade de que poidan
identificarse no mesmo espazo de traballo varios usuarios, para asà poder
acceder simultaneamente aos seus documentos, para asà poder combinar ideas cos
seus compañeiros de equipo, conseguindo un escenario de colaboración máis natural.
Este produto probarase durante 2018 para lanzarse comercialmente en 2019.
VÃdeo de presentación do Surface Hub 2 de Microsoft