O T-Mobile G1 será o primeiro móbil con Android
martes, 23 de setembro do 2008
Google presenta
hoxe a súa plataforma de software para móbiles, Android, que se estreará co terminal
T-Mobile G1 que
finalmente parece que será un dispositivo de 11,68 x 5,49 x 1,60 centÃmetros e
159 gramos de peso que presenta unha pantalla táctil cunha resolución de 480 x
320 pÃxeles, conectividade 3G, GPS, cámara de 3,1 MpÃxeles, lector de tarxetas microSD (inclúe unha de 1 Gb) e unha autonomÃa de 5 horas en conversa e 130 horas en espera.
Tamén parece ser que carece de Bluetooth estéreo e gravación de vÃdeo, ou sexa,
que repite 2 das eivas máis criticadas no iPhone de Apple.
Polo momento está confirmado que integrará Google Maps, Gmail, YouTube, Google
Calendar e Google Talk, polo que entendemos que realmente Android é unha
plataforma máis de Google que de ningún outro fabricante.