O Touchjet WAVE pretende poder converter os televisores en pantallas táctiles
xoves, 13 de agosto do 2015
Actualmente no mercado hai unha amplÃsima oferta de
dispositivos que podemos conectar a un porto HDMI dun televisor para convertelo
nun dispositivo conectado capaz de correr aplicacións para Android, de xeito
que resulta moi práctico para a reprodución multimedia, acceder a contidos en
liña ou incluso para presentar en pantalla grande contidos achegados dun
dispositivo móbil, pero en Indiegogo está a ter grande aceptación un novo
proxecto que dá un paso máis atrás, e aparte de meter Android no televisor,
integra tecnoloxÃa infravermellos para detectar os xestos sobre a pantalla do
televisor, converténdoo nunha especie de pantalla táctil ou encerado dixital a
un prezo moi reducido, xa que as primeiras unidades, que entregaranse a
partires de marzo de 2016 terÃan un prezo de 99 dólares (o que con gastos de
envÃo serÃa pouco máis de 115 euros). O prezo tan agresivo do Touchjet
WAVE levou a que non só superasen os 100.000 dólares do seu obxectivo en
poucas horas, senón que nos
dous primeiros dÃas superaron os 200.000 dólares, o que levoulles a
prorrogar o perÃodo promocional no que ofrecen o trebello ao prezo mencionado,
que equivale a un desconto do 50% sobre o prezo que terÃa o dispositivo cando
chegue ao mercado fóra do proxecto de micromecenado.
Esta atractiva solución funcionarÃa en pantallas de entre 20 e 80 polgadas, e
aparte do sensor que converte a pantalla en táctil (soportando até 4 puntos
táctiles), tamén permitirÃa o seu uso cun lapis dixitalizador (incluÃdo) e
operarÃa como un stick HDMI con
Android ordinario, xa que está baseado nun procesador ARM de catro núcleos a 2
GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0 e
varias conexións USB. O seu software serÃa Android 4.4 con Touchjet UI, e
incluirÃa aplicacións para compartir contidos multimedia e permitir o seu
manexo a distancia, soportarÃa Miracast e incluso serÃa compatible co DLNA de
iPhone.
Esta solución pode resultar interesante para o fogar, pero tamén para contornos
profesionais nos que realizar presentacións interactivos e usos docentes,
podendo converterse nunha das solucións de encerado dixital máis económicas e
versátiles do mercado.
VÃdeo de presentación do Touchjet WAVE