O Tradutor de Google aspira a converterse en intérprete e profesor de idiomas
martes, 26 de agosto do 2025
Google asegura que cada mes traducen preto dun billón de palabras a través do seu Tradutor, da Busca e doutras ferramentas como Lens ou Circle to Search, e que grazas á intelixencia artificial agora é posible ofrecer unha experiencia máis natural e adaptada ás necesidades dos usuarios. Neste contexto o Tradutor de Google dá un novo salto evolutivo coa incorporación de dúas funcións deseñadas para facilitar tanto a comunicación en tempo real como a aprendizaxe de idiomas.
Unha das novidades máis destacadas é a tradución de conversas en directo, dispoñible xa en máis de 70 idiomas, entre os que non falla o galego. A función permite manter un diálogo fluÃdo entre dúas persoas, con audio e transcrición en pantalla, detectando automaticamente pausas, acentos e entoacións. O sistema está pensado para contextos reais e complexos, como aeroportos con moito ruÃdo ou cafés ateigados, e chega primeiro a usuarios de EE.UU., India e México.
Xunto a esta mellora, o Tradutor de Google estreará tamén unha ferramenta de práctica personalizada para quen queira mellorar a súa competencia lingüÃstica. Trátase dunha resposta á demanda dos usuarios, que identifican a conversa como a parte máis difÃcil de dominar cando aprenden un novo idioma. A nova opción permite configurar o nivel e os obxectivos de aprendizaxe para xerar sesións interactivas de escoita e fala que se adaptan de forma dinámica ás capacidades de cada usuario. Os exercicios están deseñados con asesoramento de expertos en aprendizaxe e permiten seguir o progreso diario.
O programa piloto estará dispoñible esta semana en versión beta para Android e iOS. Nun primeiro momento poderán utilizalo falantes de inglés que practiquen español e francés, asà como falantes de español, francés e portugués que practiquen inglés, o que poderÃa supor unha seria ameaza a servizos como Duolingo.
Estas melloras son froito dos avances nos modelos de IA e machine learning, que permitiron mellorar a calidade da tradución, incorporar novas capacidades multimodais e perfeccionar o sistema de voz. O obxectivo é superar a simple tradución literal para ofrecer unha ferramenta que axude a comprender, aprender e manter conversas con maior confianza.
Asà funciona a nova tradución en tempo real de Google
