O Trivial Pursuit volve apostando polo xogo en liña
xoves, 17 de marzo do 2022
As consolas Xbox One, Xbox
Series X|S, PS4,
PS5 e Nintendo
Switch e o servizo Stadia
reciben hoxe o xogo Trivial Pursuit
Live! 2, que adapta o formato do clásico xogo de mesa de preguntas
repartidas en categorÃas que hai que dominar gañando cadanseu queixiño.
Este tÃtulo conta con centos de preguntas novas, niveis de dificultade
adaptados e unha diversa selección de personaxes que poden unirse á festa e
gozar do xogo como se fose un grande concurso televisivo demostrando os seus
coñecementos.
O xogo tamén permite enfrontarse por Internet a opoñentes de todo o mundo e
incluso conta cun modo de retransmisión compatible co sistema de votación do
chat de Twitch, o que permite competir cos espectadores e outros streamers,
para o que só é precisa unha copia de Trivial Pursuit Live! 2. Sen
dúbida, un xeito de revitalizar o xogo de preguntas e facilitar a súa
popularización entre os seareiros das retransmisións de videoxogos en directo.
Ao estarmos ante un tÃtulo dixital relativamente sinxelo, o seu prezo de
lanzamento é moi axustado, vendéndose nas distintas plataformas a só 19,99
euros.