O Ubislate 7+ será o novo tablet para os estudantes da India
venres, 16 de marzo do 2012
Dende a India souberon captar a atención de boa parte do
sector tecnolóxico mundial ao promover o uso de tablets entre os seus
estudantes, para o que deseñaron un dispositivo
moi económico chamado Aakash, e que, aÃnda que as súas prestacións son moi
limitadas, parece que a experiencia resultou satisfactoria e o ministro Kapil Sibal anunciou que xa
preparan o seu sucesor, o Ubislate 7+, que mellorará os seus compoñentes e
prestacións e pretende
estrearse no mes de abril a un prezo de 2.00 rupias (pouco máis de 30
euros).
O novo tablet contará cunha
pantalla capacitiva de 7 polgadas, un procesador ARM Cortex A8 a 700 MHz, baterÃa
de 3.200 mAh (cunha autonomÃa de 3 horas) e sistema operativo Android 2.3, ou sexa, que serÃa considerablemente máis
rápido que o Aakash e contarÃa cunha hora máis de autonomÃa. Cómpre destacar
que terá tanto Wi-Fi como GPRS, ou sexa, que poderá funcionar coma teléfono e
gozar de acceso á Rede móbil, para o que ofertan conexións a só 98 rupias/mes (1,5
euros/mes) para unha transferencia de 2 Gbytes. O trebello tamén conta con USB
para ampliar as súas posibilidades (modems 3G, webcams, teclados...) e fenda
microSD para ampliar a súa capacidade interna.