O VMultra drive mestura DVD, disco duro, lector de tarxetas e hub USB nun único dispositivo

venres, 9 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Os ordenadores máis portátiles tenden a gozar de poucos portos de conexión e unidade óptica, e para poder ampliar estas prestacións de xeito externo dende Velocity Micro lanza o VMultra drive, un dispositivo que por 199,99 dólares (157,34 euros) inclúe unha gravador de DVD 8x, 2 portos USB 3.0, 1 porto USB 2.0, lector de tarxetas de memoria SD/SDHC/MMC e espazo para un disco duro SATA III de 2,5 polgadas (inclúe un de 500 Gb), que pode alimentarse directamente por USB, converténdose nunha solución ideal para ler ou gravar discos dende un netbook ou Ultrabook, así como realizar copias de seguridade en disco duro, ler tarxetas de memoria e funcionar como concentrador USB 3.0.
Entre as vantaxes deste dispositivo temos o feito de que é un trebello todo-en-un, que integra múltiples funcións ocupando un único porto USB do noso equipo portátil.

PUBLICIDADE