O Vodafone R201 comparte a banda larga móbil e unha tarxeta SD a través de Wi-Fi

mércores, 25 de agosto do 2010 Marcus Fernández

A xente de Slashgear analizou este novo trebello

Vodafone incorporará en breve ao seu catálogo un novo router 3G na liña do popular MiFi de Novatel, o Vodafone R201, que aparte de permitir compartir unha conexión de banda larga móbil a través de Wi-Fi con ata 5 equipos, tamén integra un lector de tarxetas de memoria SD de ata 32 Gb na que poden almacenarse contidos para compartilos con equipos e dispositivos compatibles con DLNA (sistema pensado para compartir, imaxes, música e vídeo a través de redes locais), como múltiples reprodutores multimedia e consolas de videoxogos.
Amais, o Vodafone R2010 tamén soporta Samba, de xeito que as tarxetas SD no seu interior están accesible a través do sistema de compartición de documentos estándar en sistemas Windows polo que tamén pode empregarse para mapear unidades de rede e compartir ficheiros, o que agradecerán moitos profesionais cando estean fóra da súa oficina fixa.
O trebello, que ten unhas dimensións moi semellantes ás do mencionado MiFi, conta cunha pantalla na que aparece información sobre a conectividade, a forza do sinal, o número de dispositivos conectados ou o estado da batería.

PUBLICIDADE