O Voiis Mini achega mensaxería instantánea e a reprodución musical sen fíos

mércores, 13 de xuño do 2007 Marcus Fernández

O Voiis Mini Pocket Messenger é un teléfono Bluetooth 1.2 compatible con Skype e MSN Messenger, aínda que non serve só para establecer comunicacións de voz a través dos programas de mensaxería instantánea e VoIP, senón que mesmo serve como medio para achegar o Reprodutor Multimedia de Windows ou o iTunes ata a 100 metros do ordenador.
O dispositivo ten unha autonomiía de 6 horas de uso e 72 horas en espera, véndendose por 15.800 iens (97 euros) nun kit composto un receptor (de 76,5 x 48 x 18 mm) e por un emisor (de 83,8 x 31,5 x 42,4 mm) que se conecta ó porto USB do ordenador.

PUBLICIDADE