O Wi-Fi competirá co Bluetooth en 2010

mércores, 14 de outubro do 2009

A Wi-Fi Alliance está a traballar nunha nova especificación que permitirá a conexión de dispositivos sen fíos de xeito directo (ad hoc) sen depender dun punto de acceso, e que ata o momento viña chamándose Wi-Fi peer-to-peer e que finalmente responderá ao nome de Wi-Fi Direct, e que competirá directamente coa tecnoloxía Bluetooth para comunicar trebellos sen o uso de cables, gozando dun maior rango de acción, así como de maior velocidade, aínda que co atranco de que inicialmente haberá poucos dispositivos compatibles.

PUBLICIDADE