O WordPad desaparecerá de Windows

luns, 4 de setembro do 2023 Marcus Fernández

O apartado da páxina web de soporte de Windows dedicado ás características que se retiran do sistema operativo de Microsoft vén de actualizarse para indicar que a partir do 1 de setembro a aplicación de WordPad xa non se actualizar, detallando que en vindeiras actualizacións de Windows a aplicación retirarase completamente, recomendándose que para documentos .doc e .rtf se empregue o Microsoft Word e para documentos en .txt se empregue o Caderno de notas.
O WordPad incorporárase ao sistema operativo en Windows 95, pero levaba anos recibindo moi pouca atención, recibindo unicamente as actualizacións únicas, como cando tivo que adaptar o seus sistema de menús a Windows 7 e 8, ou cando adaptaron o seu deseño a Windows 11. O feito de que se tiñas o sistema en modo escuro o WordPad seguise a funcionar no modo claro era unha boa mostra de que a aplicación non figuraba entre as prioridades de Microsoft, e finalmente chegou a hora de dicirlle adeus.

PUBLICIDADE