O XVIII edición do Critérium Aeronáutico contará cunha exposición de drons e sistemas RPA
luns, 22 de xuño do 2026
Comezou a conta atrás para un dos grandes eventos da aeronáutica a nivel estatal: o Critérium Aeronáutico de Galicia, que chega este verán á súa XVIII edición. Trátase dun “evento familiar e participativo”, en palabras da organización (o Real Aeroclub de Lugo co apoio firme de entidades como a Deputación de Lugo), de entrada libre, que se celebra os días 10, 11 e 12 de xullo de 2026 no Aeródromo das Rozas en Castro de Rei (Lugo).
Durante a fin de semana reuniranse aeronaves, pilotos, afeccionados e visitantes de toda a Península nun dos encontros aeronáuticos máis destacados do país.
Ao longo das xornadas haberá actividades para todos os gustos, incluídas exposicións de vehículos áreos non tripulados (UAV-drons) e sistemas RPA (Robotic Process Automation), que é unha tecnoloxía de software que utiliza robots para automatizar tarefas dixitais, neste caso concreto relacionadas coa aeronáutica.
Tamén haberá exposicións aeronáuticas, voos, acrobacias, demostracións de globos e actividades para a rapazada. Nenos e maiores poderán tamén empregar simuladores de voo e videoxogos relacionados coa aeronáutica. Tamén haberá unha visita de medios aéreos de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e de empresas aeronáuticas.
