O Xogos con Gold de maio serán títulos demasiado discretos

venres, 29 de abril do 2022 Marcus Fernández

Microsoft continúa a descoidar a súa selección de Xogos con Gold mensuais para facer que a súa modalidade de subscrición básica perda atractivo e animar así aos seus usuarios a apostar pola contratación de subscricións ao Game Pass, e maio é un perfecto exemplo deste desleixo, cuns xogo que podemos describir sen medo a errar como irrelevantes.
Os xogos de Xbox One que forman parte dos Xogos con Gold de maio serán Yoku’s Island Express e The Inner World, títulos totalmente descoñecidos para o grande público, que confirman a estratexia das compañías de videoxogos para atraer ao público a plans de subscrición máis caros.
No que respecta aos xogos de Xbox 360, estamos ante títulos algo coñecidos, aínda que sen chegar a ser relevantes, como son o xogo de carreiras Hydro Thunder Hurricane e o xogo infantil Viva Piñata Party Animals, títulos solventes, pero que dificilmente son un reclamo para subscribirse a Xbox LIVE Gold, servizo que tería como único atractivo real o permitir gozar do xogo en liña nas consolas de Microsoft.

PUBLICIDADE