O Xperia 10 III Lite aposta pola calidade de imaxe e son contendo o seu prezo
venres, 20 de agosto do 2021
Facendo
máis accesibles os seus móbiles, Sony lanza unha nova versión do seu Xperia 10
III engadÃndolle a etiqueta Lite, o que supón que mantén boa parte das
especificacións reducindo considerablemente o seu prezo. Concretamente o Sony Xperia 10 III Lite é
un móbil 5G con procesador Qualcomm Snapdragon 690 con 6 GB de RAM e pantalla
OLED de 6 polgadas, HDR e formato ultra panorámico, que como compromiso reduce
a súa capacidade de almacenamento a 64 GB (ampliable mediante tarxetas de até 1
TB), elimina a radio FM e engade o soporte de eSIM.
Este novo teléfono está equipado cunha cámara traseira tripla, cun sensor
principal de 12 MpÃxeles, un grande angular de 8 MpÃxeles e un teleobxectivo de
8 MpÃxeles; mentres que a cámara frontal ten un sensor de 8 MpÃxeles. Este
terminal con tamaño bastante compacto ten unha baterÃa de 4.500 mAh que garante
unha boa autonomÃa e, como detalle especialmente a destacar deste dispositivo
estarÃa que conta con conector para auriculares con soporte para Hi-Res Audio,
polo que poderiamos dicir que estamos ante un teléfono orientado a usuarios que
buscan un bo son e unha boa imaxe (tanto na pantalla como na cámara).
O Sony Xperia 10 III Lite chegará
ao mercado xaponés o vindeiro dÃa 27 a un prezo de partida de 46.800 iens (364
euros), facendo bastante accesible un dispositivo de grande calidade do que
polo momento descoñecemos cando chegará a España e a que prezo.
- O Xperia 10 III Lite mantén o minijack de auriculares para poder ofrecer son de calidade
- O Xperia 10 III Lite conta con resistencia IP68