O YotaPhone 2 poderá mercarse por 700 euros
mércores, 3 de decembro do 2014
O curioso YotaPhone 2, smartphone que destaca por
contar cunha pantalla AMOLED convencional e outra complementaria baseada en
tinta electrónica co que consegue un mellor comportamento en exteriores e unha
grande autonomÃa, é por fin unha realidade, e comeza a venderse
no Reino Unido por 555 libras esterlinas (uns 707 euros) confirmándose
tamén che estará dispoñible para o público español este mesmo mes a un prezo de
700 euros.
Estamos ante un terminal móbil moi curioso, do que xa se coñecen as súas especificacións
técnicas completas. O smartphone funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon
800 de 4 núcleos a 2,2 GHz, 2 Gb de RAM e 32 Gb de almacenamento interno, e
como factores máis rechamantes ten que á súa pantalla AMOLED Full HD de 5
polgadas está complementada por unha pantalla de papel electrónico táctil de
4,7 polgadas cunha resolución de 960 x 540 pÃxeles e 16 tons de gris. Ambas
pantallas están protexidas por Corning Gorilla Glass 3.
Amais, este potente móbil LTE conta con cámaras de 8 e 2,1 MpÃxeles, Wi-Fi AC,
Bluetooth 4.0, NFC, GPS, radio FM e baterÃa de 2.500 mAh que pode cargarse sen
fÃos, de xeito que serÃa un terminal que corrixirÃa as eivas do seu modelo
anterior (que tiña unhas prestacións bastante discretas) e incluso destaca polo
feito de conseguir conter o seu grosor en 8,95 milÃmetros e o seu peso en 145
gramos pese a ser un dispositivo con dúas pantallas.
O feito de permitir un uso completo do smartphone a través dunha pantalla de
tinta electrónica é un importante avance, que resulta especialmente axeitado
para poder acceder de xeito eficiente a notificacións das redes sociais,
información meteorolóxica, amosar a hora... detalles que nas pantallas
tradicionais supón un dos principais consumos dos smartphones actuais. Ao
contar cunha pantalla AMOLED, os usuarios do YotaPhone 2 non se verÃan illados
de contidos multimedia e aplicacións moi dinámicas, podendo elixir cando
empregan unha pantalla ou a outra, en función principalmente da demanda que
teñan dunha maior autonomÃa do seu dispositivo móbil.
- A tecnoloxÃa de papel electrónico pode supor un importante incremento de autonomÃa dun smartphone
VÃdeo coa presentación oficial do YotaPhone 2 no que podemos ver o funcionamento deste prometedor smartphone