O YotaPhone venderase internacionalmente antes do Nadal
xoves, 14 de novembro do 2013
Hai preto dun ano amosábase ao
mundo o sorprendente smartphone YotaPhone, que apostaba por contar con dúas
pantallas (unha LCD e outra de papel electrónico), finalmente vai
ver a luz fóra de Rusia no mes de decembro, de xeito que poderá adquirirse
internacionalmente antes do Nadal, agardándose que teña un prezo duns 500
euros.
O YotaPhone é un terminal con Android
4.2.2 construÃdo nunha única peza cun grosor de 9,9 milÃmetros e un peso total
de 146 gramos, que ten no seu interior un procesador Krait de dobre núcleo a
1,7 GHz, 2 Gb de RAM e 32 Gb de almacenamento interno; aÃnda que o máis
rechamante é que no seu exterior presenta unha pantalla LCD táctil de 4,3
polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles e, pola outra cara, unha
pantalla táctil EPD (semellante á tecnoloxÃa eInk) de 4,3 polgadas cunha
resolución de 640 x 360 pÃxeles e 16 tons de gris, que permitirÃa conseguir
unha impresionante autonomÃa ao non ter que acender a pantalla LCD para as
funcións básicas do teléfono ou, por exemplo, para consultar a hora.
Este interesante móbil tamén conta con Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, GPS, cámaras de
13 e 1 MpÃxeles, conectividade 4G, radio FM e baterÃa de 1.800 mAh.