O ZTE Blade III chegará con Android 4.0 e pantalla de 4 polgadas

xoves, 20 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O fabricante chinés ZTE continúa a agrandar o seu catálogo de móbiles co sistema operativo Android, facilitando a adquisición de smartphones por parte dun público cada vez máis amplo grazas aos seus prezos populares, e o último terminal que teremos con esta marca (ou coa dalgún operador de telefonía que o distribúa como marca branca) será o ZTE Blade III, que ten confirmada a súa chegada a Suecia e Finlandia o mes que vén, chegando ao resto de Europa antes de rematar ao ano.
Falamos dun móbil con Android 4.0, pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles, procesador Qualcomm MSM7227A a 1 GHz, 512 Mbytes de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria microSDHC de ata 32 Gb, cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, GPS, sintonizador de radio FM e batería de 1.600 mAh, que ten un grosor de 10 milímetros e un peso de 130 gramos, que parece máis que suficiente para a meirande parte de usuarios e que terá un prezo moi atractivo, pois o primeiro prezo confirmado do ZTE Blade III libre sería de 1.499 coroas suecas (176,33 euros) o que permitiría a moitos operadores ofrecelo de balde con certos contratos ou a un prezo moi atractivo.

PUBLICIDADE