O alumnado do Centro de Formación Ocupacional de Ferrol visita o CIS Tecnoloxía e Deseño

martes, 9 de abril do 2024 S. P.

O día 5 de abril visitou a sede do CIS Tecnoloxía e Deseño, no Campus de Ferrol, un grupo de alumnas e alumnos do curso de Programación con linguaxes orientadas a obxectos e bases de datos relacionadas do Centro de Formación Ocupacional de Ferrol.
No transcurso da visita, os máis de dez alumnos acompañados polo seu docente, estiveron a interactuar coas múltiples ferramentas de Realidade Aumentada e Virtual que ofrece o centro, tamén aprenderon e coñeceron o desenvolvemento dos demostradores que foron realizados no CIS baixo o paraugas de proxectos, tanto europeos como de colaboración con empresas.
O equipo do centro educativo mostrou o seu convencemento sobre as posibilidades e potencialidades da actividade (enmarcada no programa de fomento de vocacións científico-tecnolóxicas que desenvolve o centro) para o desenvolvemento de proxectos futuros.